REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Costa Rica

Oller Abogados

Persoa de contacto: Pedro Oller; Socio Director

Calle 2, Avenida 18
San José, Costa Rica
Apartado 555
San Jose, Costar Rica 1007

Envía un correo a:

Oller Abogados

Descrición do Bufete:

Idiomas: Castelán, Inglés e Italiano

Oller Abogados nace do espírito emprendedor, por natureza inquedo, curioso e en constante evolución. No ano 2000, Don Enrique Oller (QdDG) quen até entón desenvolvera unha carreira empresarial de éxito como comerciante e distribuidor importantes marcas internacionais en Costa Rica coincide co seu fillo Pedro Oller, quen concluía o seu paso por un bufete tradicional costarricense e deciden pór en marcha un despacho de avogados empresarial, dende o punto de vista do cliente que estea disposto a pórse no seus zapatos primeiro, a compenetrarse co seu negocio, anticipar as súas necesidades e riscos; creando empatía e confianza. Así naceu Oller Abogados.

Esa idea, a súa oferta de servizos confirmouse nos últimos 18 anos como unha de alto valor agregados en dous eidos fundamentais para o desenvolvemento empresarial en Costa Rica: o Dereito de Empresa e o Dereito Público. Oller Abogados é a única firma legal a nivel local que acada integrar totalmente, a propósito da súa visión empresarial, as áreas comerciais e públicas nun servizo armónico, sofisticado e de alto valor engadido.

PERFIL DOS SOCIOS E ASICIADOS

SOCIOS

Pedro Oller

Pedro é Socio Senior e Director da práctica de Dereito Corporativo en Oller Abogados.

En materia mercantil foi asesor de múltiples empresas en diferentes sectores e países incluíndo o seu paso como Regional Counsel da subsidiaria de IBM Corporation (GBM Corporation) para supervisar os seus asuntos legais en América Central e República Dominicana.

Pedro tamén dedica unha parte importante da súa práctica en materia arbitral, onde non só foi árbitro senón tamén litigou e deu apoio en arbitraxes locais e internacionais. Finalmente, conta cunha ampla en transaccións corporativas, participando en varios casos de fusións, adquisicións, reorganizacións, reestruturacións societarias, venda de participacións privadas e cumprimento normativo no que respecta a emisión de débeda e de accións de diferentes clases.

É graduado en Dereito da Universidade de San José (1.996) e ten un LL.M da Universidade de Duke (1.995. Pedro tamén realizou estudos de postgrao en Dereito Bancario e de Valores na Université libre de Bruxelles. A súa educación posterior inclúe ademais o Programa de Instrución para Avogados e o Taller de Negociación na Escola de Dereito de Harvard (1.997), o “Campamento” para Avogados en Silicon Valley (Garage.com, 2000), o Programa de Fundamentos de Contabilidade e Finanzas na Escola de Negocios Stern da NYU (2002) e o Programa para Empresas Líderes de Servizos Profesionais na Escola de Negocios de Harvard (2.004). É membro activo do “Colegio de Abogados de Costa Rica”, do “American Bar Association” e participou do “International Bar Associatión”. Á data atópase acreditado como árbitro do “Centro Internacional de Conciliación y Arbitraje” (CICA) da “Cámara Costarricense-Norteamericana de Comercio” (AmCham-CR) e do “Centro de Conciliación y Arbitraje (CCA) de la Cámara de Comercio de Costa Rica”.

Fala Inglés e Castelán de forma fluída.

Alejandro Delgado

Alejandro é un socio na nosa práctica de Dereitos Humanos e de Liberdade de Expresión.

É graduado en Dereito pola Universidade de Costa Rica, membro do “Colegio de Abogados de Costa Rica” dende 1.988. Notario Público. Ten un mestrado en dereito constitucional. Conta cunha ampla experiencia en dereito administrativo, dereito público, arbitraxe doméstico e como notario. Durante a súa práctica profesional desempeñou como profesor universitario, asesor xurídico de varios colexios profesionais, tales como médicos veterinarios, xornalistas, psicólogos, traballadores sociais. Foi avogado de empresas do sector público tales como Caja Costarricense do Seguro Social, Banco de Crédito Agrícola de Cartago, Fundación Costa Rica Canadá. Árbitro de dereito dende o ano 2001. Membro activo varios centros de arbitraxe como o “Centro de Arbitraje y Conciliación de Cámara de Comercio de Costa Rica”; el “Centro de Resolucion de Conflicto del Colegio Federado de Ingenieros y Arquitectos de Costa Rica”, así como del “Centro de Justicia Alternativa del Colegio de Abogados de Costa Rica”. É Presidente do “Instituto de Prensa y Libertad de Expresión”, IPLEX, con ampla experiencia en temas de liberdade de expresión e acceso á información pública.

Fala inglés e castelán de forma fluida.

Roberto Esquivel

Roberto é Socio Senior e Director da práctica de Dereito Público en Oller Abogados. Conta cunha ampla experiencia en contratación e adquisición administrativa, proxectos de co-xeneración de enerxía, PPPs, financiamento de proxectos e aviación. Antes de unirse a Oller Abogados, Roberto foi o encargado da área de contratación administrativa no sector de enerxía do “Instituto Costarricense de Electricidad” (ICE). O ICE é a maior de servizos públicos de América Central. En Oller Abogados, Roberto asesora empresas e multilaterais nos seus emprendementos en temas de enerxía, tecnoloxía, telecomunicacións e temas corporativos xerais. Tamén, se desenvolve nas áreas de litixios contencioso administrativos e arbitraxe cando involucran ao Estado. É graduado da Universidade Autónoma de Centroamérica (1.994) e ten un mestrado en Administración de Negocios da Universidade de Costa Rica (2.000, con honra). Finalizou o Programa de Instrución para Avogados e o Taller de Negociación na Escola de Dereito de Harvard (2.002). Roberto é membro do “Colegio de Abogados de Costa Rica”, “International Bar Associatión” e, ademais, é acreditado como árbitro do “Centro Internacional de Conciliación y Arbitraje (CICA)” da “Cámara Costarricense-Norteamericana de Comercio (AmCham-CR), no Centro de Resolución de Conflitos do “Colegio de Ingenieros y Arquitectos”, autorizado como adjudicador en Disputes Boards, Profesor consuetidinario de programas de contratación co Estado na Cámara de Comercio de Costa Rica e na Cámara de Construción de Costa Rica así como profesor de Dereito Público na Universidade de La Salle.

Fala inglés e castelán de forma fluída.

Ricardo Vargas

Ricardo é Socio Senior e Director da nosa área de Contencioso que inclúe litixios mercantís e civís, así como Arbitraxes en todos os campos, incluíndo os que teñen que ver co Estado.

Ricardo contribúe ademais na práctica de planificación familiar e tamén na de diversificación empresarial en materia de impostos e xurisdicional. Así tamén, supervisa temas laborais corporativos asesorando a varias compañías locais e internacionais como avogado principal nos seus asuntos de organización. A experiencia con que conta Ricardo inclúe litixio, dereito tributario, fideicomisos e complexas transaccións notariais.

Graduado de dereito na Universidade Autónoma de Centroamérica (1.995) finalizou o programa de Mestrado Tributario, ofrecido pola Universidade de Cooperación Internacional (1.997). O señor Vargas é membro do “Colegio de Abogados de Costa Rica”, o “International Bar Associatión” (IBA) e ademais é acreditado como árbitro do “Centro Internacional de Conciliación e Arbitraxe (CICA) da Cámara de Costarricense-Norteamericana de Comercio (AmCham-CR)”, do “Centro de Conciliación y Arbitraje” (CCA) da “Cámara de Comercio de Costa Rica” e no “Centro de Resolución de Conflictos del Colegio de Ingenieros y Arquitectos” (CFIA).

Fala inglés e español de forma fluida.

Rubén Hernández

Rubén é Socio e Director da práctica Constitucional en Oller Abogados. Licenciado en Dereito da Universidade de Costa Rica (1.971) e Doutor en Dereito Constitucional do “Istituto di Diritto Publico de la Universitá La Sapienza” en Roma, Italia (1.973). Considerado un dos principais avogados constitucionalistas do país, así como de Latinoamérica, é un dos principais redactores do proxecto orixinal da Lei de Xurisdición Constitucional en Costa Rica, aprobada en 1.991. Forma parte do grupo de expertos en Dereitos Humanos da Organización de Nacións Unidas (ONU) e nesa condición foi redactor da Constitución Política de Guinea Ecuatorial (1.982). Foi embaixador en Italia (1.994-1.998). Integrou o tribunal arbitral internacional na arbitraxe Costa Rica-Italia sobre o dique flotante (Xenebra, 1.998). É profesor xubilado da Universidade de Costa Rica nos cursos de postgrao en Dereito Público, profesor invitado en universidades de Estados Unidos, América Latina, Francia, España e Italia e publicou 22 libros sobre temas constitucionais, electorais e parlamentarios, un deles en inglés e outro en italiano.

Así mesmo, publicou en numerosas revistas especializadas en Dereito Constitucional en Alemaña, Francia, Italia, España e América Latina. Foi asesor de numerosas empresas nacionais e internacionais e é un activo litigante en Dereito Administrativo e Dereito Constitucional, así como tamén ante a Comisión e a Corte Interamericana de Dereitos Hnumanos.

Fala inglés e español de forma fluída.

Asociados

Andrés Mercado Castro

Andrés colabora coa área de dereito público brindando asesoría aos clientes nos procesos de contratación pública, proxectos de concesión de obra pública, procesos administrativos e nas súa relacións co Estado en xeral. Andrés tamén é parte do grupo de litixio no que atende a procesos administrativos e xudiciais contra o goberno, incluíndo as accións que deben ser interpostas ante a Sala Constitucional. Igualmente, forma parte do grupo de práctica de dereito inmobiliario, sendo responsable de asesorar aos nosos clientes na súa decisión de vender ou comprar propiedades, incluíndo procesos de debida dilixencia para compra terreos, proxectos ou edificacións, así como cos procedementos para a obtención de concesións na zona marítima terrestre.

Fala inglés e castelán de forma fluída.

José Prado

José posúe experiencia en asesoría legal para empresas de diversas industrias e sectores en temas como: establecemento de empresas no territorio nacional, Réxime de Zonas Francas, Alfándegas, Migración, Dereito Aeronáutico, procedementos administrativos ante Entes Públicos, Contratación Administrativa e Litixio en Dereito Público entre outros.

Carlos Arias

Carlos enfócase na área de dereito laboral, participando activamente no manexo do recurso humano, a súa contratación e terminación, así como a solución de outras situacións derivadas da relación laboral. Carlos forma parte activa tamén da práctica litixiosa da firma, concentrándose en procedementos civís, mercantís e laborais. Da mesma maneira, colabora en procesos de arbitraxe, conciliación e mediación en conflitos de natureza civil, comercial ou laboral. A súa experiencia inclúe tamén o establecemento de empresas baixo o réxime de zona franca.

Yaliam Jaime

Yaliam é parte do equipo de Dereito Corporativo, brinda asesoría a clientes nacionais e internacionais respecto á estruturación dos seus negocios nas áreas de dereito civil, comercial e laboral. Ademais, conta cunha ampla experiencia no ámbito da Propiedade Intelectual, sexa en rexistros de marcas, patentes e dereitos de autor.

Áreas de actuación:

Dereito Corporativo

- Dereito Civil

- Litixio

- Arbitraxe

- Cumprimento Normativo (Compliance)

- Dereito Comercial

- Transaccións corporativas

- Tributos

- Administración de activos

- Dereito Laboral

- Bens Raíces

- Dereito Financieiro

- Banca e Finanzas

- Investimento Estranxeiro e Establecemento de Operacións

- Contratos

- Family Office

- Capital Humano

- Dereito Societario

- Responsabilidade Social Corporativa

- Propiedade Intelectual

- Protección de Datos


Dereito Público

- Aviación

- Dereito Constitucional

- Contratación Administrativa

- Dereito Administrativo

- Dereito de Consumidor

- Dereito da Competencia

- Litixio Público

- Licitacións

- Concesión de Obra Pública

- Contratos co Estado

- Expropiacións

- Financiamento de Proxectos

- Enerxía

- Medio Ambiente

- Seguros

- Dereito Municipal

- Xestión de Recurso Hídrico

- Regulación