SERVIZOS DE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Se está a pensar en investir noutro Estado e necesita saber cales son as implicacións legais, se pretende crear unha filial, trasladar traballadores ao estranxeiro, formalizar un contrato de axencia, resolver un conflito ou recuperar unha débeda noutro país, non teña a menor dubida que as firmas xurídicas que integran a Rede IURIGAL son as axeitadas para asesorarlle nesas cuestións e en calquera outra que se suscite nas operacións no estranxeiro.

Os servizos que proporcionan os membros da Rede permiten que a empresa poida ter cubertas as súas necesidades de asesoramento xurídico nas zonas xeográficas nas que actúan.

En particular as firmas que pertencen á Rede Internacional prestan os seguintes servizos nas súas respectivas áreas de influencia:

Deseño da estratexia xurídica de operacións de investimento no estranxeiro, incluída a planificación fiscal e financeira. Retorno dos beneficios e de capitais.

Constitución de empresas filiais no estranxeiro ou oficinas de representación. Creación e desenvolvemento de sociedades europeas.

Creación, tramitación e desenvolvemento de sociedades mixtas, joint ventures, alianzas estratéxicas e outros tipos de colaboración empresarial con sociedades de terceiros Estados.

Adquisición de empresas foráneas. Realización de due diligence.

Adquisición de propiedades no estranxeiro. Operacións inmobiliarias internacionais.

Planificación fiscal internacional. Aplicación dos tratados de dobre imposición.

Asesoramento en materia de transporte internacional, tanto por buque, como por vía aérea ou terrestre.

Contratos e redes de distribución internacional: Contratos de intermediación, franquía, axencia e distribución.

Asesoramento no ámbito laboral do país de destino.

Contratos de compravenda internacional.

Protección no estranxeiro da competencia, propiedade intelectual e propiedade industrial. Transferencias de tecnoloxía e licenzas.

Asesoramento en sistemas de cobro e pago e garantías internacionais.

Asesoramento xurídico en importacións e exportacións de produtos.

Recuperación de débedas en terceiros países.

Procedementos xudiciais internacionais.

Arbitraxe e mediación internacional.

Os servizos proporciónanse aos clientes por cada un dos despachos de forma independente, sendo cada un deles o único responsable da acción xurídica realizada. Entre as firmas non existe sociedade, comunidade ou grupo de empresas, nin tampouco relación laboral, de mandato, axencia ou representación.