Para os integrantes da Rede IURISGAL é esencial prestar un servizo de calidade. Para ese efecto, todos os despachos establecen medidas de control internas das actuacións que levan a cabo nos distintos asuntos.
Con estes servizos de calidade non só se busca a satisfacción do cliente e do traballo ben feito, senón tamén a redución dos niveis de conflitividade xurídica. Os Despachos integrantes da rede cremos no asesoramento preventivo e procuramos, na medida do posible, evitar os procedementos xudiciais.
Tamén cremos que un dos elementos básicos que fai que o servizo sexa da mellor calidade é que os Avogados dos Bufetes membros da Rede teñan os máis amplos coñecementos xurídicos, polo que é fundamental a formación continua dos profesionais.
Cada Despacho integrante de IURISGAL ten obrigación de cumprir estritamente as normas deontolóxicas, éticas e de segredo profesional que rexen a profesión de Avogado, xa sexan de índole local, nacional ou internacional. Os Bufetes tamén respectarán de forma escrupulosa a normativa nacional e internacional sobre a confidencialidade e o dereito á información.
Con relación aos honorarios, os membros da Rede están obrigados a utilizar criterios de transparencia na súa fixación, de tal forma que o cliente deberá estar informado do custo do traballo que se vai a realizar.