REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Venezuela

D´Empaire

Persoa de contacto: Humberto Romero-Muci

Envía un correo a:

D´Empaire

Descrición do Bufete:

Idiomas: Español, inglés, francés, italiano

D´Empaire dende 1972 ten a reputación de dedicación incansable os nosos clientes. Estamos comprometidos a prestar servizos legais de calidade excepcional no retador ambiente dos negocios venezolano. A nosa meta e ser a firma de preferencia para as transaccións, asunto e disputas mais complexas en Venezuela.

A nosa reputación confirmase polos premios recibidos e pola nosa posición nas clasificacións dos directorios legais. Ademais dos recoñecementos en Chambers & Partners e The Legal 500, D´Empaire está incluida en Latin Lawyer Elite Firms, un listado preparado por Latin Lawyer coas 40 mellores firmas de Latinoamérica.

Os nosos clientes inclúen empresas multinacionais, empresas venezolanas e bancos de inversión. Prestamos servizos legais a compañias en todolos sectores da economía.

Áreas de actuación:

-FUSIÓNS Y ADQUISICIÓNS: D´Empaire é a firma líder en Venezuela na materia de fusións e adquisicións (M&A). A firma participou nas adquiscións mais relevantes que se levaron a cabo en Venezuela nos últimos anos.

PETRÓLEO, GAS, ENERXIA, PETROQUÍMICA E PROXECTOS: O Escritorio presta asesoramento de alto nivel en negociacións de contratos e representou a clientes gañadores de licitacións de campos petroleiros e na negociación de joint ventures e acordos de cooperación. Tamén prestamos asistencia en relación con importantes proxectos de infraestructura nas industrias do petróleo, gas e petroquímica. Nos últimos anos D´Empaire asistiu a empresas extranxeiras en numerosos proxectos e transaccións no sector do petróleo e gas, incluíndo Repsol, Eni, National Petroleum Consortium (que comprende Lukoil, Gazprom, Rosneft, TNK-BP, Surgutneftegas), AEI-Williams/Accroven, CNPC Services, entre outros.

-FINANCIAMENTOS Y REESTRUCTURACIÓNS. D´Empaire participou nas reestructuracións de débedas mais importantes de compañias e bancos venezolanos.

-MERCADO DE CAPITAIS O Despacho é unha das firmas líderes no mercado de capitais en Venezuela.

-IMPOSTOS. O noso grupo tributario ten ampla experiencia en tódolos aspectos do dereito tributario, cunha reputación de prestar asesoría práctica e eficiente a unha diversa base de clientes, a cal inclúe empresas multinacionais, institucións financieiras, fondos privados de inversión e persoas naturais. A nosa experiencia en materia impositiva é confirmada polos recoñecementos recibidos e a nosa posición nas clasificacións de directorios legais e tributarios, como o galardón de “Firma de Impuestos Venezolana del Año” otorgada en 2014 por International Tax Review. Tax & Business para empresas e personas físicas.

-COMPETENCIA D´Empaire e a firma líder de Venezuela en materia de dereito da Competencia. Membros da Firma participaron na comisión especial que redactou a Lei de Protección e Promoción da Libre Competencia de 1992. O Despacho foi considerado como a mellor firma venezolana en materia de dereito da competencia por PLC Which Lawyer e Chambers and Partners.

-TELECOMUNICACIÓNS E MEDIOS DE COMUNICACIÓN. D´Empaire e a firma líder de Venezuela en materia de telecomunicacións.

-ARBITRAXE. O Despacho representou e asesorou a clientes internacionais e venezolanos en arbitraxes baixo varios regulamentos e institucións arbitrais como a Cámara de Comercio Internacional (CCI), a Asociación Americana de Arbitraxe (AAA), o Centro Internacional de Arranxo de Disputas Relativas a Inversións (CIADI), a Cámara de Comercio de Caracas e o CEDA. Foi considerada como unha das mellores firmas de abogados venezolanos na solución de controversias polo PLC Which Lawyer.