Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.
Despacho de Dublin
Suite 319, The Capel Building
St. Mary´s Abbey
Dublin 7
Despacho en España
Santiago de Compostela
C/ General Pardiñas nº 21, 1º D.
15701 | Santiago de Compostela
A Coruña
www.nerus.es
Idiomas: Inglés, Francés e Español.
Holohan Law é un Bufete de avogados situado en Irlanda, con oficinas en Dublin e Cork.
Holohan Solicitors é unha firma publicamente recoñecida en diversas áreas do dereito como as relativas a, resolución de conflitos, neglixencia profesional, danos persoais, defensa en litixios, dereito laboral, dereito mercantil e de negocios, e propiedade intelectual.
A finalidade do noso Despacho é achegar solucións rápidas e construtivas aos problemas legais por un prezo razoable.
Holohan Law foi fundada por Bill Holohan en 1998. Actualmente conta con catro socios principais. A firma axuda e asesora no desenvolvemento, organización e reorganización de negocios, xa sexan de recente creación como as "star ups" ou empresas en sectores maduros. Holohan Law ofrece aos seus clientes a tranquilidade de asegurarlles que todos os servizos prestados son dirixidos por un dos socios principais.
O Bufete gañou recentemente premios tan importantes como 2014 Corporate International Magazine Global Award: "Insolvency Law Firm of the Year in Ireland" e "Business Reorganization Law Firm of the Year in Ireland"; Corporate International Magazine Global "Property Law Firm of the Year in Ireland 2014"; Irish Law Awards: "Mediation, Arbitration & Disputes Resolution Lawyer of the Year 2013" ou Acquisition International Magazine: "Trademark Law Firm of the Year 2013 & Arbitration Law Firm of the Year 2013"; os cales simbolizan o verdadeiro recoñecemento do seu traballo nas diferentes áreas do dereito en que desenvolven a súa práctica diaria.
- Dereito Marítimo.
- Notario Público.
- Franquías.
- Licenzas.
- Comercial / Operacións de Negocios.
- Dereito do Traballo.
- Resolución Alternativa de Conflictos.
- Insolvencia.
- Litixios.
- Lei da Propiedade.
- Marcas e Lei de Propiedade Intelectual.
- Neglixencia profesional.