REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Ecuador

Forum Abogados

Persoa de contacto: Pablo M. Espinosa

Inglaterra E3-54 y República,
Edificio CENTRUM,
Piso 2, Oficina 2C.
Quito - Ecuador

Envía un correo a:

Forum Abogados

Descrición do Bufete:

Idiomas: Español, Inglés e Alemán.

Forum Avogados é unha Firma con práctica nacional e internacional. O noso obxectivo principal é a prestación dos servizos legais de xeito persoalizado, achegando solucións á medida de cada cliente e tratando sempre de optimizar o tempo empregado e o custo económico. Os nosos valores fundamentais son a ética e a eficiencia. Os casos que nos son confiados sempre están dirixidos por un socio. Os nosos socios teñen unha ampla experiencia e un coñecemento profundo dos seus eidos de práctica.

A Firma foi fundada no ano 2002 na cidade de Quito pero ofertamos os nosos servizos en todo o Ecuador. Entre os nosos clientes atópanse Arch Capital Group Ltd., AIG, Bank of America, Computer Sciences Corporation, Corporación Andina de Fomento, E & J Gallo Winery, Ecolab, Flint Group, Merril Lynch, Morgan Stanley, Inter-American Development Bank, RWD Technologies, Inc., TMF Group, Toshiba Information Systems, Inc., Transammonia, ViaSat, Inc.

Áreas de actuación:

As nosa áreas de práctica son Arbitraxe comercial, Dereito civil, comercial, comercio electrónico, societario, telecomunicacións, migración, bursátil, concursal, laboral, tributario, bancario, procesal civil, aduaneiro, seguros, propiedade industrial, contractual e negociación, transporte, sector eléctrico, hidrocarburos, Dereito internacional privado e Dereito de familia.