REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

China

A&Z Law Firm

Persoa de contacto: Mireia Paulo Noguera. Directora do departamento Europeo-Americano e proxectos de investimento estranxeiro.

6F, Okura Garden Hotel,
58 South Maoming Road,
Shanghai, P.R. China 200020

Envía un correo a:

A&Z Law Firm

Descrición do Bufete:

Idiomas: Chinés, xaponés, inglés, castelán, francés..

O Despacho de avogados A&Z estableceuse en 2004 en Shangái, conta cun equipo de máis de 55 persoas integrado por expertos avogados, asistentes legais, tradutores e conselleiros comerciais que de maneira innovadora e especializada persegue os intereses dos seus clientes. A&Z está especializado en farmacéutica, cosmética e coidado da saúde; audiovisual, publicidade, medios de comunicación e entretemento; comercio electrónico; e construción e infraestruturas.

A nosa sede principal atópase no centro de Shangái, tamén contamos con oficinas noutras cidades chinesas como Beijing, Wuhan e Dalian, ademáis dunha oficina representativa en Tokio (Xapón).

O Despacho ofrece unha solución completa para cada cliente en China con clara vocación de servizo profesional, personalizado e eficiente, que son os fundamentos para un servizo de asesoría legal de calidade. Un dos nosos principios fundamentais é: AZ existe para responder ás necesidades dos nosos clientes”.

A&Z representa a empresas que se atopan dentro dun gran rango de industrias tales como grupos multinacionais, empresas PIMEs e clientes privados. Estes proveñen de áreas tan diversas como a automoción, loxística, a información e alta tecnoloxía, servizos de financiamento, sector industrial (maquinaria, electrónica, téxtil, etc), telecomunicacións e recursos enerxéticos, aviación, mass media, entre outros. Ademais, A&Z ten experiencia na representación de clientes ante moitas axencias e departamentos do goberno da República Popular Chinesa. Os nosos servizos inclúen representar aos nosos clientes, realizar un seguimento do avance das medidas lexislativas que impactan sobre os seus negocios na China; e desenvolver estratexias lexislativas para unha ampla gama de clientes.

O noso compromiso é apoiar aos nosos clientes a acadar os seus obxectivos a través dun pleno coñecemento do mercado chinés, dunha extensa experiencia xurídica e unha xestión personalizada que cubra as necesidades dos nosos clientes. Para nós, lograr isto non é só unha cuestión de capacidade técnica, senón tamén dunha comprensión das necesidades dos nosos clientes porque somos plenamente conscientes de que o crecemento e a especialización da actividade mercantil, e as obrigas que esta leva, require de servizos profesionais e multidisplinares para o crecemento económico.

Áreas de actuación:

- Dereito de sociedades

- Asesoramento en investimentos no estranxeiro

- Dereito mercantil (constitución de sociedades, procedementos, contratos, etc.)

- Dereito da competencia

- Dereito laboral (contratos, convenios, despedimentos, litixios, etc.)

- Dereito de propiedade intelectual (rexistro de marcas, dereitos de autor, patentes, secretos comerciais, competición desleal, etc.)

- Fusións e adquisicións, e reestruturación empresarial

- Dereito bancario, finanzas e mercado capital

- Resolución de conflitos: litixio, arbitraxe e mediación

- Asesoramento na conformidade das leis e regulacións chinas

- Asesoramento en servizos loxísticos e alfandegueiros, dereito marítimo

- Dereito do medio ambiente