REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Brasil

Ventura Tôrres Advogados

Persoa de contacto: Gustavo Ventura / Heleno Tôrres

Oficinas en Recife
Estrada do Arraial nº 2483, 11º andar,
CEP: 52051-380, Tamarineira,
Recife – PE - Brasil

Oficinas en São Paulo
Av. Angélica, 2346 - Cj. nº 111,
CEP 01228-200 - Higienópolis,
São Paulo - SP - Brasil.

Envía un correo a:

Ventura Tôrres Advogados

Descrición do Bufete:

Idiomas: Portugués, Español e Italiano.

O Escritorio Ventura, Leite e Tôrres Advogados ten a súa sede en Recife, actuando en toda a Rexión Nordeste do Brasil, ademais de na Cidade de São Paulo, a maior cidade brasileña. A sociedade está acreditada para atender empresas nacionais e estranxeiras, tendo como principais áreas o Dereito Tributario e o Dereito mercantil e comercial. Os socios do Despacho son profesores dalgunas das máis tradicionais Facultades de Dereito do Brasil, como son as Universidades de São Paulo e a Universidade Católica de Pernambuco.

En relación ó Dereito Tributario, o Bufete actúa nos campos contencioso administrativo e xudicial, en tódalas súas instancias. Ademais realiza labores de asesoramento sobre a lexislación tributaria brasileña interna e internacional, xestionado a obtención de beneficios fiscais para empresas que queiran instalarse no Nordeste do Brasil, rexión que ven recibindo fortes inversións estranxeiras na industria e o turismo.

No dereito mercantil e comercial, o Despacho, actúa, por exemplo, na constitución de sociedades mercantiles, auxiliando en tódolos procedementos burocráticos necesarios, na entrada de capitais estranxeiros ou na compravenda de inmobles urbanos e rurais.

Ventura, Leite e Tôrres Advogados ten Bufetes colaboradores en tódalas rexións do Brasil e trata ós seus clientes de maneira personalizada, afantándose do concepto de "megadespachos", prestando servizos cunha alta especialización técnica.

Áreas de actuación:

- Dereito fiscal.

- Fiscalidade internacional.

- Inversións internacionais.

- Incentivos fiscais.

- Dereito corporativo.

- Dereito comercial.

- Dereito de empresas.

- Fusións e adquisicóns sociais.

- Dereito da propiedade inmobiliaria.

- Dereito sucesorio.

- Procedementos xudiciais e ante Tribunais.