REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

ALEMANIA

Garay y Chamizo

Persoa de contacto: Catalina Garay y Chamizo

Philippistr. 14
14059 Berlin
Deutschland - Alemania

Envía un correo a:

Garay y Chamizo

Descrición do Bufete:

Idiomas: Inglés, español, alemán, francés, italiano

Especializado entre outros ámbitos, en materia mercantil, o despacho oferta consulta de alta calidade xurídico-económica para a fundación e asistencia de empresas, incluíndo transaccións financieiras e desenvolvemento de estratexias para a disposición de empresas. Para elo, conta con avogados especialistas en dereito mercantil e en particular, coa avogada/Rechtsanwältin Catalina Garay y Chamizo, Presidenta da Asociación de Avogados Alemáns en España (Deutscher Anwaltverein Spanien (DAV)) dende 2010. Esta asociación, fundada en 1871 e por elo anterior ao establecemento dos Colexios de Avogados de Alemaña, permite á avogada/Rechtsanwältin Catalina Garay y Chamizo estar en contacto cos membros da Asociación de Avogados Alemanáns de toda Europa, resaltando a súa capacidade de cooperación transfronteiriza.

A experiencia xurídica dos avogados de G&G exténdese tamén á consulta de compañías noutros campos, como entidades de telecomunicacións e infraestruturas ou entidades inmobiliarias, dixitais ou artísticas. Entre algunhas destas compañías atópanse Telefónica, Bahnbau Gruppe, Tinsa, PSJM, Webtrekk, HypZert, NSW, VDO e DGT, entre outras, cuxos nomes son mencionados coa súa explícita autorización.

Áreas de actuación:

- Dereito Sucesorio.

- Doazóns.

- Dereito de Familia.

- Dereito Contractual.

- Dereito de Suelo.

- Dereito Administrativo.

- Dereito Escolar.

- Dereito de construción.

- Dereito Industrial e Dereito para a actividade restauradora.

- Dereito Laboral.

- Dereito Fiscal.

- Procedemento xudiciais e ante Tribunais alemáns.

- Asesoría inversionistas Alemaña-Latinoamérica (México).