Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.
2250 NW 136th Avenue
Pembroke Pines
Florida 33028
USA
Idiomas: Español, Italiano, Francés, Portugués e Inglés.
Arias Tovar & Associates, P.A. é unha Firma de Avogados fundada no ano 1999 na Cidade de Pembroke Pines, Florida, entre Miami e Ft. Lauderdale, onde radica a nosa sede principal, dende a cal coordinamos a nosa práctica local e a do resto do país.
A nosa misión é brindar a máis alta calidade de servizos legais na nosa área, dun xeito persoalizado, eficaz e confiable. Concentrámosnos en pequenas e medianas empresas, particularmente no deseño, establecemento e comezo das súas operacións nos Estados Unidos e na contratación de persoal estranxeiro por parte destas empresas. Tamén representamos eficazmente a investidores estranxeiros que teñen como meta inmediata non reubicarse nos Estados Unidos senón investigar e incursionar exitosamente no mercado americano.
O Despacho conta con relacións sólidas de longa traxectoria con institucións privadas e gubernamentais coas cales colaboramos activamente, entre elas, a Cámara Venezolana-Americana de Comercio dos Estados Unidos, da cal é Trustee, o cal permítenos achegar o máis alto nivel de servizo e apoio aos nosos clientes no momento de se estableceren nos Estados Unidos e integrarse á comunidade, non só dende o punto de vista comercial, senón tamén familiar e persoal.
O noso equipo de avogados e profesionais é altamente cualificado, entreado e completamente bilingüe. Son graduados de Universidades de sona mundial e na súa meirande parte contan con Maestrías en Dereito e dominan varios idiomas. Acumulamos unha vasta experiencia non só na área de inmigración, senón tamén no eido do Dereito internacional, comercio e finanzas corporativas.
Por sermos tamén inmigrantes de orixe Latino, podemos entender e identificarnos con las necesidades dos nosos clientes e dos seus familiares, especialmente no relacionado ás circunstancias particulares do proceso de reubicación, integración e trámites migratorios.
Sempre determinamos se os nosos clientes necesitan asesoría profesional noutras áreas, tales como bens raíces (residencial ou comercial), franquicias, rexistro de marcas, mercadeo, contabilidade, impostos, seguros, etc., para o cal contamos con corresponsais de confianza en todo o país e no exterior, listos para asistilos en calquera materia legal ou comercial.
Os nosos clientes corporativos proveñen de diferentes industrias, tales como a financieira, telecomunicacións, publicidade, calzado e confección, comida, manufactura en xeral e entretemento, entre outras, que en conxunto representan tódolos países de Sur e Centro América, Europa e o Caribe.
Moitos daqueles, tanto corporativos como individuais, teñen acadado altas posicións dentro da nosa comunidade e co noso apoio teñen estendido as súas operacións e aberto novos mercados, permitíndonos así, sermos parte do seu desenvolvemento e testemuñas da súa valiosa achega aos Estados Unidos.
- Inmigración.
- Dereito de empresas.
- Dereito comercial e corporativo.
- Investimentos e operacións internacionais.
- Dereito urbanístico e da propiedade inmobiliaria.
- Dereito laboral.
- Dereito da comunicación e audiovisual.
- Propiedade intelectual.
- Servizos legais para estranxeiros.
- Banca e finanzas.
- Procedimentos xudiciais e ante Tribunais.