REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Republica Checa

KF Legal

Persoa de contacto: Tomáš Láska

Opletalova 55
110 00 Praha 1 (República Checa)

Envía un correo a:

KF Legal

Descrición do Bufete:

Idiomas: Checo, español, inglés, alemán.

KF Legal é un despacho de avogados checo que ademais de prestar servizos legais integrais para operacións de negocios, procesos xudiciais e de arbitraxes, céntrase ante todo no asesoramento xurídico en especializadas áreas do dereito.

No Despacho KF Legal a experiencia dos avogados formados en despachos de primeiro nivel combínase coas vantaxes do trato personalizado ás necesidades de cada cliente.

O principio fundamental do noso equipo é atender as esixencias dos clientes e dar solucións personalizadas según as necesidades de cada ún, tendo sempre en conta non só o aspecto legal senón calquera outro que sexa do interés para o cliente, facendo sempre fincapé no máximo rendemento da operación, independentemente da súa envergadura.

Dende a súa fundación, KF Legal oriéntase á práctica do dereito de medio ambiente, de forma pormenorizada e focalizada. KF Legal presta a asesoría no ámbito da regulación de xestión de residuos, en especial a asesoría no ámbito do tratamento de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos e no campo da xestión dos envases e de residuos de envases. También é preciso mencionar a asesoría no ámbito do tratamento dos residuos radiactivos. No que respecta á práctica de dereito ambiental, os nosos avogados actúan na representación dos clientes en tódolos expedientes administrativos comparecendo ante as administracións públicas estatales, rexionais e locais.

Entre outras áreas do dereito, KF Legal adícase á práctica do dereito enerxético, en particular ós aspectos legais da comercialización e distribución de gas e electricidade e do funcionamento e regulación do mercado de gas e electricidade, así como a outras cuestións relativas ó sector enerxético. A asesoría do Despacho inclúe a representación ante o regulador nacional de enerxía (por exemplo nos expedientes de concesión de licencia) ou ben no asesoramento ós clientes.

Dende fai tempo, os profesionais de KF Legal oriéntanse ó dereito financieiro, en particular ás cuestións relacionadas co dereito de sociedades e fondos de inversión, banca e mercado de capitais. Os profesionais do equipo KF Legal contan coa experiencia adquirida noutros expedientes (concesión de licencia e sancionador) en relación coas entidades do mercado de capitais, sexan entes de valores, intermediarios de inversións, ou bancos.

As cuestións relacionadas coas sociedades mercantís e o exercicio das competencias dos seus órganos constitúen unha das áreas fundamentais da práctica do Despacho. Os nosos avogados destacan pola súa experiencia co funcionamento tanto de grandes sociedades anónimas coma sociedades mercantís especializadas de menor tamaño (en particular as anónimas e limitadas).

Os profesionais do Despacho contan con numerosas experiencias en procesos xudiciais, arbitraxes e expedientes concursais de gran relevancia.

KF Legal ten unha enorme experiencia na adxudicación dos contratos públicos, tanto coma representantes do adxudicador ey administrador da contratación coma representantes do adjudicatario..

Tamén compre mencionar que os profesionais de KF Legal representaron ós seus clientes en numerosos procedemientos ante la Oficina de Defensa da Competencia.

Áreas de actuación:

- Dereito Societario e Corporativo.

- Dereito Contractual.

- Contratacións co Estado.

- Dereito Administrativo Económico.

- Protección ao Consumidor e acceso ao Mercado.

- Competencia e Publicidade.

- Propiedade Industrial.

- Dereitos de Autor.

- Dereito Financeiro, Bolsista e Asegurador.

- Dereito Concursal e Reflotamiento Empresarial.

- Dereito Tributario e Plan Fiscal.

- Dereito Laboral e Réximes Especiais.

- Dereito Penal Económico.

- Dereito Procesual Comercial e Arbitral.

- Dereito Deportivo.

- Dereito Inmobiliario e da Construción.