Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.
Idiomas: Inglés, español, alemán, francés, italiano
Especializado entre outros ámbitos, en materia mercantil, o despacho oferta consulta de alta calidade xurídico-económica para a fundación e asistencia de empresas, incluíndo transaccións financieiras e desenvolvemento de estratexias para a disposición de empresas. Para elo, conta con avogados especialistas en dereito mercantil e en particular, coa avogada/Rechtsanwältin Catalina Garay y Chamizo, Presidenta da Asociación de Avogados Alemáns en España (Deutscher Anwaltverein Spanien (DAV)) dende 2010. Esta asociación, fundada en 1871 e por elo anterior ao establecemento dos Colexios de Avogados de Alemaña, permite á avogada/Rechtsanwältin Catalina Garay y Chamizo estar en contacto cos membros da Asociación de Avogados Alemanáns de toda Europa, resaltando a súa capacidade de cooperación transfronteiriza.
A experiencia xurídica dos avogados de G&G exténdese tamén á consulta de compañías noutros campos, como entidades de telecomunicacións e infraestruturas ou entidades inmobiliarias, dixitais ou artísticas. Entre algunhas destas compañías atópanse Telefónica, Bahnbau Gruppe, Tinsa, PSJM, Webtrekk, HypZert, NSW, VDO e DGT, entre outras, cuxos nomes son mencionados coa súa explícita autorización.- Dereito Sucesorio.
- Doazóns.
- Dereito de Familia.
- Dereito Contractual.
- Dereito de Suelo.
- Dereito Administrativo.
- Dereito Escolar.
- Dereito de construción.
- Dereito Industrial e Dereito para a actividade restauradora.
- Dereito Laboral.
- Dereito Fiscal.
- Procedemento xudiciais e ante Tribunais alemáns.
- Asesoría inversionistas Alemaña-Latinoamérica (México).