REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Estonia

HEDMAN PARTNERS.

Persoa de contacto: Jyrki Mustonen. Socio.

Rotermanni 8
10111 Tallinn
Estonia

Envía un correo a:

HEDMAN PARTNERS.

Descrición do Bufete:

HEDMAN PARTNERS ATTORNEYS LTD (“HEDMAN PARTNERS”), é un Bufete de Avogados internacional que brinda una gama completa de servizos legais para as empresas. Traballamos regularmente con empresas holding internacionais que teñen unha filial, sucursal en Finlandia ou que actúan directamente no noso país. A área bancaria e financieira de HEDMAN PARTNERS presta asesoramento xurídico integral nestes eidos ás entidades ás Entidades Bancarias. O noso equipo de profesionais asesora tanto en operacións financieiras singulares e complexas, como no ámbito da regulación dos mercados financieiros. Os servizos que se facilitan dende esta área comprenden: dereito bancario e regulatorio, cumprimento, prevención de branqueo de capitais e protección de datos de carácter persoal, redacción e asesoramento de contratos e produtos bancarios, garantías bancarias nacionais e internacionais e comercialización e distribución de produtos bancarios e de investimento. En HEDMAN PARTNERS dispoñemos dunha ampla experiencia en operacións corporativas nacionais e transnacionais nun amplo espectro de sectores e tamaños. O noso equipo de profesionais da área de fusións e adquisicións ofrece así un asesoramento altamente especializado en operacións de investimento e desinvestimento, reestruturacións empresariais e, en xeral, modificacións estruturais de sociedades mercantís, asesorando tanto a investidores industriais como financieiros, ás compañías e aos seus equipos directivos. Préstamos, asimesmo, asesoramento xurídico na realización de procedementos de “due diligence”, elaboración de acordos de socios, acordos de colaboración empresarial, planificación de estruturas corporativas e operacións de financiamento. Prestamos apoio xurídico na negociación, revisión e redacción de calquera tipo de contratos de propiedade intelectual, incluídos de explotación e cesión de dereitos, obtención de nomes de dominio, conflitos de nomes de dominio, protección xurídica de bases de datos, páxinas web e contidos dixitais. En HEDMAN PARTNERS, xunto con expertos tecnolóxicos, creamos un método no que o intercambio ilegal de contido pode reducirse a unha escala considerable. Xunto cos nosos socios controlamos todas as redes de pares e intervimos no intercambio ilegal de seu contido mediante sancións económicas en varios países europeos. HEDMAND PARTNERS ten máis de 40 anos de experiencia no asesoramento de novas empresas, sindicatos de business angels, aceleradores e capital risco. Temos unha estreita cooperación cos principais centros de start-ups en Finlandia, os países bálticos e Rusia, proporcionando unha ampla cobertura do ecosistema de innovación tecnolóxica e o fluxo de inicio de negocio na rexión. Ademáis, temos unha oficina en Tallín, establecida en 1992. Esta delegación estivo asesorando a empresas líderes finlandesas e internacionais nas súas adquisicións e outros asuntos comerciais en Estonia. Os nosos clientes, tanto nacionais como internacionais, operan nunha ampla gama de industrias, incluídas as de manufactura, venda ao por maior, tecnoloxía, loxística e institucións financieiras. Esforzámonos por ter unha sólida función de asesoramento para proporcionar solucións comerciais sólidas aos nosos clientes, cun enfoque claro no mantemento da integridade. A diferenza da identificación exclusiva dos desafíos e a prevención dos negocios, creamos camiños alternativos ás operacións comerciais sostibles de conformidade coa normativa aplicable. O noso enfoque baseado no risco fundaméntase na avaliación dos riscos e factores de risco, proporcionando alternativas e solucións de mitigación de riscos e asegurando así unha toma de decisións informada. Idiomas: inglés, español, finlandés, sueco, ruso, estonio.

Áreas de actuación:

Dereito mercantil

Dereito bancario e financieiro

Propiedade intelectual

Fusións e adquisicións

Arbitrxe, Procesual civil e penal

Dereito laboral

Dereito de aviación