REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Polonia

Kancelaria Puwalscy & Partners Spółka Partnerska Kancelaria Radców Prawnych

Persoa de contacto: Marek Puwalski

24/5 Felicjanek street
31-103 Kraków
Polonia

Envía un correo a:

Kancelaria Puwalscy & Partners Spółka Partnerska Kancelaria Radców Prawnych

Descrición do Bufete:

Idiomas: Polaco, Inglés, Español, Portugués e Alemán.

Puwalscy & Partners, Sociedade Profesional, é un Despacho de Conselleiros Xurídicos especializado no asesoramento xurídico de empresas.

Ofrecémoslles nosa consolidada experiencia en servizos legais tanto para entidades nacionais como estranxeiras (p. ex. os bancos, as empresas manufactureiras, químicas e enerxéticas, as empresas informáticas, farmacéuticas e médicas, os inversionistas do sector inmobiliario, as empresas de construción etc.).

Prestamos os nosos servizos en toda Polonia, en particular, nas provincias do sur, Varsovia e Łódź.

Traballamos con confiables asesores fiscais, notarios, contables e consultores expertos autorizados do mercado NewConnect, o que nos permite ofrecer un servizo o máis complexo posible.

O noso obxectivo principal consiste en desenvolver solucións xurídicas que satisfagan as necesidades comerciais dos nosos clientes.

A nosa divisa é proporcionar servizos de calidade superior a prezos alcanzables.

Áreas de actuación:

- Dereito de empresas.

- Dereito comercial.

- Dereito laboral.

- Dereito inmobiliario.

- Investimentos, fusións e adquisicións.

- Dereito informático. Propiedade intelectual.

- Servizos legais para estranxeiros.

- Negocios internacionais e operacións internacionais.

- Dereito farmacéutico e médico.

- Banca e finanzas.

- Asesoramento en proxectos.

- Industria química, enerxética e de infraestruturas.

- Representación ante os tribunais de dereito común e tribunais de arbitraxe.