REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Paraguay

M & B LAW FIRM S.A.

Persoa de contacto: Juan Manuel Moratal. Socio Director

Torre 2 del Paseo – Piso 15
Asuncion
Paraguay

Envía un correo a:

M & B LAW FIRM S.A.

Descrición do Bufete:

Español, Inglés e Portugués.

M&B LAW FIRM é un bufete de avogados, notarios e contadores, con enfoque no eido legal comercial. Neste contexto, dedicouse a prestar os seus servizos dentro dunha ampla gama de disciplinas do dereito e os negocios, entre as que podemos citar principalmente o dereito civil e comercial, coas diferentes especialidades que este contempla, como pode ser: o dereito corporativo, o dereito financiero, bancario, o dereito societario e o dereito tributario, entre outros.

Debido á súa xénese contemporánea, foi formado coas máis sólidas bases do dereito corporativo, avocándose dende o seu enfoque integral ao servizo dos negocios, ás diversas cuestións que xurden do desenvolvemento comercial cotidiano no marco empresarial, como a creación e asesoramento de empresas ou a resolución de posibles conflictos e litixios derivados das operacións comerciais.

Por outra banda, é importante remarcar que os membros da firma capacitáronse e continúan a facelo, dacordo ás esixencias dos nosos días. Sendo así, hoxe podemos afirmar orgullosamente, que contamos con profesionais altamente preparados para brindar aos nosos clientes un asesoramento integral nas áreas legal, notarial, contable, financieira e administrativa, combinando para o efecto visión, innovación e coñecemento.

Levado a cabo nos máis diversos campos como pode ser: a fusión, estruturación e adquisición de empresas tanto públicas como privadas, o financiamento de proxectos, a reorganización societaria, a radicación de investimento estranxeiro, asuntos legais vinculados á creación e mantemento de sociedades, consorcios, fundacións ou asociación, dereito das telecomunicacións, consultoría en materia de contratacións públicas e en propiedade intelectual, por citar algún.

Grazas á nosa cultura de traballo, imprimimos a todas as xestións un dinamismo, celeridade e profesionalismo que nos fixeron sobresair no noso ramo.

Ocupa un capítulo primordial na nosa firma a área do investimento estranxeiro, coa incorporación de capital foráneo, incluíndo o estudo e creación de leis nese plano. No mesmo plano, prestamos asesoramento aos clientes interesados en establecerse no país, con proxectos de investimento, análise e o proceso de formación de novas empresas, aos efectos de desenvolver emprendementos con potenciais socios locais o sen eles, conforme ás esixencias regulatorias vixentes e tomando en consideración todos os aspectos relacionados aos mesmos, como poden ser os estudos previos de factabilidade, os contactos co goberno paraguayo para a implementación dos incentivos tributarios ofrecidos polo noso marco xurídico local.

Polo comentado, M&B Law Firm, soubo en curto tempo, en base ao esforzó, dedicación e capacitación dos seus membros, posicionarse dentro do mapa xurídico tanto nacional coma internacional, podendo anexar á súa carteira de clientes a destacadas empresas nos seus respectivos ámbitos.

Áreas de actuación:

-Servizos Xurídicos:

Dereito Civil e Comercial

Dereito Bancario e Financieiro

Asesoría Corporativa e Laboral

Dereito Societario

Privatización de Empresas

Joint Ventures

Minería e Infraestruturas

Fusións e Adquisicións

Xestión Patrimonial

Institucións Financieiras

Mercados de Capital

Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións

Investimentos e Concesións Estranxeiras

Licitacións Nacionais e Internacionais

Dereito Tributario

Propiedade Intelectual

Litixios

-Servizos Notariais

Dereito Civil e Comercial

Dereito Bancario e Financieiro

Asesoría Corporativa e Laboral

Dereito Societario

Privatización de Empresas

Joint Ventures

Minería e Infraestruturas

Fusión e Adquisicións

Xestión Patrimonial

Institucións Financieiras

Mercados de Capital

Tecnoloxías da Información e Telecomunicións

Investimentos e Concesións Estranxeiras

Licitacións Nacionais e Internacionais

Dereito Tributario

Propiedade Intelectual

Litixios

-Servizos Contables:

Asesoría e Servizos Contables, Tributarios, Financieros, Administrativos e Operativos

Consultoría Tributaria Corporativa

Auditoría Externa e Control de Xestión, cumprindo puntualmente coas recomendacións e desenvolvemento acadado polas Normas de Auditoría vixentes no Paraguay, NIF, emitidas polo Consello de Contadores Públicos do Paraguay

Xestións Tributarias e Municipais

-Servizos de Cobranzas:

Aplicación de estratexias de cobros diferenciados

Xestión de cobros empregando todas as canles; call center, sms, mensaxes de voz, cartas, e-mails, visitas personalizadas

Monitoreo permanente da xestión