REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Panamá

CORT Abogados

Persoa de contacto: Mauricio Cort y García

Calle Manuel María Icaza PH. CORT Building, 1er. piso
Ciudad de Panamá
PANAMÁ

Envía un correo a:

CORT Abogados

Descrición do Bufete:

Idiomas: Español e Inglés.

CORT, Abogados-Attorneys at Law, é una firma que xorde da unión de distintos profesionais do dereito, con variada experiencia laboral, idades e campos profesionais.

Filosofía do despacho, CORT Abogados:

Aproveitar a sinerxia das novas tecnoloxías e recursos humanos cunha alta preparación e experiencia contrastada, en favor dos nosos clientes, dentro dun ambiente de vanguardia, onde destacan a implementación das mellores e máis modernas tecnoloxías de comunicación e información, para lograr un servizo de calidade total.

Moitas empresas estranxeiras e do noso país optaron polo noso Bufete como o seu asesor xurídico. Ocupámonos dos asuntos corporativos dos clientes, incluíndo a constitución de sociedades, redacción de acordos de accionistas, obtención de tódolos permisos e licenzas requeridos para a súa actividade económica, así como tramitación de permisos de residencia, laborais e calquera outro asunto administrativo que se requira.

En materia de investimentos, sector inmobiliario ou otros sectores económicos, licitacións ou contrataciones públicas temos unha ampla experiencia, que nos permite representar a grupos de inversionistas locais e internacionais que buscan novas oportunidades de negocios en Panamá, ou empresas internacionais que desexan participar en proxectos do sector público, incluíndo as do Canal de Panamá.

O noso despacho igualmente ten un departamento que se encarga dos litixios comerciais ou civís ante a xustiza ordinaria, ou resolución de conflictos mediante a mediación ou arbitraxe comercial.

Áreas de actuación:

- Dereito corporativo.

- Dereito comercial.

- Dereito Societario. Creación de Sociedades Anónimas.

- Fundacións de Interés Privado e Fideicomisos.

- Fusións e adquisicións sociais.

- Dereito Administrativo.

- Dereito Migratorio.

- Dereito da propiedade inmobiliaria.

- Inversións internacionais.

- Asesoría en Licitaciones e Contratacións Públicas.

- Procedementos xudiciais e ante Tribunais.

- Arbitraxes nacionais e internacionales.