REDE

IURISGAL I.N.O.L.F.

Sabemos que atopar un avogado de confianza noutro país é unha tarefa complicada, que require un gran investimento de tempo. Soamente os despachos de avogados pequenos e medianos coñecen perfectamente o seu mercado local e son capaces de adaptarse ás necesidades que demandan as empresas estranxeiras. A Rede permite obter de forma rápida unha resposta a un problema xurídico noutro país a través do Bufete do seu lugar de residencia.

Francia

RBM Avocats Associés

Persoa de contacto: Marta Bosch Bessa

Envía un correo a:

RBM Avocats Associés

Descrición do Bufete:

Idiomas: Francés, Español e Inglés.

Establecido en París desde 1987, o noso Despacho é unha firma xurídica que intervén nos ámbitos do asesoramento xurídico e actuacións xudiciais en representación dos nosos clientes, empresas tanto industriais como de servizos, institucións públicas e privadas e establecementos financeiros.

O noso Despacho brinda un servizo de asesoramento personalizado ao cliente, en procura constante de satisfacción e resultados en beneficio dos nosos clientes. O noso bufete ten o label de cualificación ISO 9001 versión 2000 Certificación AFAQ Número: QUAL - 2006-27951, en asesoramento e actuacións xudiciais para as áreas xurídicas anteriormente indicadas.

Áreas de actuación:

- Dereito de sociedades.

- Dereito mercantil.

- Fusións e adquisicións sociais.

- Propiedade intelectual.

- Propiedade literaria e artística.

- Dereito da propiedade inmobiliaria.

- Dereito internacional privado.

- Dereito laboral.

- Dereito Bancario e financeiro.

- Dereito procesual.

- Arbitraxes nacionais e internacionais.